No presente Aviso Legal, o Usuario, poderá atopar toda a información relativa ás condicións legais que definen as relacións entre os usuarios e o responsable da páxina web disponible na dirección URL  https:// bumm.gal, en diante, o sitio web.

A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. En consecuencia, o usuario do sitio web debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do titular da web, ou por mor dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou na práctica empresarial.

 

1.- DATOS DO RESPONSABLE TITULAR DO SITIO WEB.

Nome do titular: ASOCIACIÓN CULTURAL UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO

Domicilio social: Praza Campo da Feira sn (Palco da música) * 36968 Meaño * Pontevedra

C.I.F.:  G36143857

Teléfono de contacto: 675580947 – 620229756

Correo electrónico: info@bumm.gal

A ASOCIACIÓN CULTURAL UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO e responsable e identifícase coa BANDA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO, en diante BUMM.

 

2.- OBXECTO.

Este sitio web ten por obxecto facilitar o acceso a información e servizos prestados por BUMM a aquelas persoas ou organizacións interesadas nos mesmos.

O acceso e a utilización do sitio web atribúe a condición de usuario da web (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal así como das súas modificacións. A prestación do servizo do Sitio web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se atope conectado a web ou a algún dos servizos que se faciliten a través da mesma.

 

3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB.

3.1.- Acceso e utilización da web. O acceso e utilización da web, ten carácter gratuíto para todos os usuarios, no relativo aos contidos destinados ó público en xeral. No que respecta aos contidos de acceso restrinxido estarase ás condicións que se apliquen a cada contido.

En todo caso, corresponde ao usuario asumir o custo da conexión ó sitio Web, para o que libremente pode elixir e contratar ao fornecedor de acceso a través da rede de telecomunicacións que considere convinte.

3.2.- Rexistro de usuarios. Con carácter xeral o acceso e utilización dos contidos públicos do Sitio web non esixe a previa subscrición ou rexistro dos usuarios.

3.3. Tratamento de datos. Cando sexa necesario recopilar datos dos usuario para o acceso ou prestación de servizos a través do sitio web, os  usuarios garantirán e responderán da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados. En particular usuario acepta proporcionar información completa e correcta nos formularios de contacto ou subscrición.

Os menores de catorce anos non facilitarán os seus datos para acceder aos servicios prestados dende esta web sen o consentimento expreso dos seus pais ou tutores legais. E, en ningún caso, se solicitaran a menores de idade datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade dos outros membros da familia, sen o consentimento destes.

 

4.- CONTIDOS DA WEB.

O idioma da web utilizado polo titular é o galego. BUMM non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da web polo usuario, nin das súas consecuencias.

BUMM poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da web, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar aos usuarios.

Prohíbese o uso dos contidos da web para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de BUMM, nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen ao dispor dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

As ligazóns ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra de BUMM

 

5.- MEDIDAS DE SEGURIDADE.

Este Sitio web garante a protección e confidencialidade dos datos persoais facilitados de acordo co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como na Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico 34/2002 de 11 de Julio ( LSSI-CE).

Os datos persoais comunicados polo usuario poderán ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a BUMM , asumindo todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas de acordo co establecido nas normativas vixentes en materia de protección de datos de carácter persoal.

 

6.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.

Tanto o acceso á web como o uso non consentido que poida efectuarse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. BUMM non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse do devandito acceso ou uso. BUMM non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir nin dos danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (hardware e software), ou aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia de:

  • a presenza dun virus no computador do usuario que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web.
  • un mal funcionamento do navegador.
  • e/ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

BUMM non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na web para a apertura doutras. BUMM non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.

BUMM non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou outras webs ás que se accedeu mediante ligazóns desta web.

 

7.- EMPREGO DE COOKIES.

O Sitio web pode empregar  cookies ou tecnoloxías similares que se rexerán polo establecido na Política de  Cookies, accesible en todo momento e respectando a confidencialidade e intimidade do usuario, sendo parte integrante do presente Aviso Legal.

 

8.- NAVEGACIÓN.

Os servidores da internet poden recoller datos non identificables, que poidan incluír, direccións IP, e outros datos que non poden ser utilizados para identificar o usuario. A súa dirección IP almacenarase nos  logs de acceso de forma automática e coa única finalidade de permitir o tránsito por Internet, sendo necesario que o seu equipo facilite esta dirección IP cando navega por Internet para que as comunicacións poidan realizarse. Así mesmo, a dirección IP poderá ser utilizada para realizar estatísticas, de maneira  anonimizada, sobre o número de visitantes desta web e a súa procedencia, de forma totalmente transparente á súa navegación.

 

9.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.

O usuario coñece e acepta que todos os contidos e/ou calquera outros elementos do sitio web son propiedade de BUMM, e comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial. Calquera uso da web ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular.

Está reservado exclusivamente a BUMM , calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de BUMM

 

10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE.

O presente Aviso Legal interpretarase e rexerá de conformidade coa lexislación española. BUMM e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ao dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou uso da web. No caso de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, BUMM e o usuario, sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais de Pontevedra