Banda unión musical de meaño

Actuación da Banda Unión Musical de Meaño

A BUMM é unha agrupación musical na que se involucran nenos , xóvenes e adultos na educación e a práctica musical e busca ser unha escola de vida na que se insiste e se consegue a integración social e o desenrolo persoal, favorecendo destrezas persoais e actitudes positivas ante a vida e o seu entorno social, ensinando que o esforzo e a perseverancia son necesarios para conseguir calquer meta que se propoñan.

Director

DIEGO JAVIER LORENTE LÓPEZ

Comeza os seus estudos musicais na Unión Musical de Torre Pacheco en Murcia, na especialidade de clarinete cos profesores Vicente Abad Herraiz e Antonio Tur Mari. Continua no conservatorio Manuel Masotti (Murcia) cos profesores Juan Esteban Romero e José Miguel Rodilla e, posteriormente, cursa os seus estudos superiores na Escola Superior de Música de Barcelona (ESMUC) cos profesores Josep Fuster, Joan Enric Lluna e Lorenzo Copola.

Paralelamente, perfeccionou os seus estudos clarinetísticos con mestres como Enrique Pérez Piquer, José Luis Estelles, Nicolas Cox, Jesús Carrasco, Yehuda Gilard, Joi Jowit ou Guy Deplus entre outros. 

Como intérprete foi membro da orquestra do Conservatorio Superior de Música de Murcia, Orquestra de jóvenes de Murcia  (2000-2002), European Union Youth Wind Orchestra (2003), NJO (2004), World of Winds Symphony Wind Orchestra (2005). Con estas formacións realizou concertos en Francia, Suiza, Suecia, Luxemburgo, Dinamarca, Holanda, Noruega, Austria, Alemania e China. Destacando os realizados no Concergebaw de Ámsterdam, Palacio imperial de Pekín e a Musikhouse de Berlín. Con estas formacións traballou cos directores Joaquín Palomares, Lin Tao, César Álvarez, Enrique García Asensio, Ernest Martínez, F. Heremberger, Jan Cober, Eniente Siebens, Pier Gao, Salvador Brotons, Thomas Adés e Chirstian Lindberg.

Colaborou coa Orquestra Cidade de Barcelona, Orquestra Sinfónica do Vallés, Orquestra do Principado de Asturias, Banda Municipal de Barcelona e Banda Municipal de Santiago de Compostela.

No campo da dirección asistiu a clases cos mestres Salvador Brotons, Xavier Puig, Josep Vicent Egea, José Pascual Rafael Vilaplana, Jan Van der Roost, Eugene Corporon,  Doglas Boustock e Bert Appermont. Ademais, entre os anos 2007 e 2009, estuda dirección cos mestres Jan Cober e Felix Hauswich, análise con Carlo Pirola e repentización e educación auditiva con Caracristi no Instituto Superior Europeo Bandístico (ISEB) de Trento (Italia).

Foi  convidado a dirixir a  Banda Xuvenil de Xinzo (Ponteareas), Unión Musical de Torre Pacheco, Banda de Música de Pontevedra, a Rundfunk Blasorchester de Leipzig (Alemania) na graduación do ISEB e a banda do Conservatorio Musikene na tempada 2021.

Como director realizou estreas absolutas de La Batalla de Rande (2007) de Juan Gonzalo Gomez Deval, O Monte Tegra (2008) de Juan Lois Dieguez e Mirabel (2010) de Josep Vicent Egea.

Foi director titular da Banda Unió musical de Bages (Manresa) entre os anos 2004 e 2006 e da Agrupación musical do Rosal, xunto coa súa escola de música (Pontevedra) entre 2006 e 2012  coa que obtivo diversos premios. 

No 2013 foi elixido director titular da Unión Musical de Meaño e profesor de clarinete e banda da Escola de Música de Meaño, desenvolvendo a súa actividade ata a actualidade. Entre o diverso labor que realizou en Meaño, destaca a realización no 2016 do traballo discográfico Hispania coa BUMM e a obtención do 1º premio e o Flicorno d’Oro no Concorso Bandistico Internazionale de Riva del Garda (Italia) en abril de 2019.

BANDA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO

Músicos