Noite Máxica coa BUMM 2021

Noite Máxica coa BUMM

O proxecto Noite Máxica coa BUMM vai a ser un fantástico show nocturno ao aire libre onde o espectador atopará a parte mais nena e máxica do seu interior a través das diferentes bandas sonoras de películas Disney  que nos emocionaron nalgún momento da nosa vida. Aos mais adultos nos trasladará á nosa infancia , e aos mais nenos lles encherá de ledicia por que seguen e sempre serán películas atemporais.

Este espectáculo nocturno terá unha duración de 70 minutos ao longo dos cales iremos pasando por diferentes bandas sonoras onde no só haberá interpretación musical , se non que tamén haberá interpretes vocais que lle porán voz a esas cancións, todo elo conducido pola presentadora Rocio Rodríguez Padín acompañadas dunha iluminación e de imaxes que se proxectarán nunha pantalla led de 6×3 m creando todo elo un entorno máxico  que fará pasar ao publico un momento xenial.

Para a realización deste espectáculo se contará con :

  • 80 músicos
  • 2 cantantes
  • 1 pantalla led de 6 x 3 m (18 m2) na que se proxectaran imaxes totalmente acompasadas coa música que se está a interpretar en cada momento
  • 1 equipo de son con microfonía para as voces dos cantantes , así como para a banda
  • Equipo de iluminación co que se creará un ambiente inmersivo que constará de:
    • 10 par led
    • 6 cabezas móviles ACME
    • 12 PC, focos de gran potencia y amplitud.
    • 1 estructura para luz frontal e traseira.

Con todo esto intentaremos emocionar e manter ao espectador atendo de principio a fin, agardando que se quede á finalización do mesmo con ganas de mais.

Esperámoste en a Noite Máxica coa BUMM

Fecha

Xul 24 2021
¡Caducado!

Hora

22:00 - 23:30