Neste momento estás a ver BIG BAND BUMM 2021

BIG BAND BUMM 2021

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actualidade

 

CURSO DE JAZZ BIG BAND MEAÑO 2021

Neste curso adicado ó jazz e á Big Band falarase sobre a evolución histórica desde tipo de formación, pilar básico sobre o que se construiron os elementos que conforman a esencia da música jazz. A través da audición e visionado de videos comentados, achegarémonos ás características esenciais dende a súa aparición ata hoxe en día. Por mede de clases teorico-prácticas achegarémonos á linguaxe do jazz e mediante a interpretación de arranxon para esta formación, entenderemos e viviremos a experiencia de recrear as sonoridades típicas das big bands
1ª SESION (4H)
Teórica. Explicación dos contidos que se van a abarcar no curso. Etapa estilistica do jazz. Como estudar a linguaxe do jazz. Fraseo, lectura e interpretación. Articulación. Corchea de swing. Reparto e explicación básica do repertorio que interpretaremos na sesión práctica.
Práctica. Concepto de acompañamento na sección rítmica. Lectura e interpretación do repertorio nos distintos estilos de cada tema: Funk, Bossa, Latín, Afro, Swing,…
2ª SESION (4H)
Teórica. Conceptos de teoría harmónica básica (parte 1). Entendemento harmónico do repertorio a realizar. A importancia auditiva e rítmica no jazz. Entendemento dos estilos relacionados coa linguaxe do jazz: Funk, Bossa, Latín, Afro, Swing,…Información básica dos conceptos harmónicos do repertorio sobre a improvisación na sección de solos.
Práctica. Concepto de interacción da sección rítmica. Inprovisación na sección de solos do repertorio. Ensaio do repertorio.
3ª SESION (4H)
Teórica. Conceptos de teoría harmónica básica (parte 2). Entendemento harmónico con máis profundidade do repertorio a realizar. Recursos de iniciación a improvisación (parte 1).
Práctica. Aplicación dos recursos de improvisación na sección de solor do repertorio. Ensaio do repertorio.
4ª SESION (4H)
Teórica. Conceptos de teoría harmónica básica (parte 3). Técnicas de orquestración para big band – block chords. Recursos de iniciación a improvisación (parte 2).
Práctica. Aplicación dos recursos de improvisaación na sección de solos do repertorio. Ensaio do repertorio..
5ª SESION (4H)
Ensaio xeral do repertorio + Concerto final do curso.

+INFORMACIÓN 675 580 947 (4H)
info@bumm.gal

 
********************************