Neste momento estás a ver XXXII Festival de Bandas de Música de Meaño

XXXII Festival de Bandas de Música de Meaño

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actualidade

XXXII Festival de Bandas de Música de Meaño, celebra a edición deste ano adicada ó Mestre Dani Portas, acompañados pola Banda de Música de Caldas de Reis e a Unión Musical de Valladares. O festival estará presentado por Cristina Collazo.

O festival terá lugar o día 27 de abril, ás 17:30 horas na Praza do Concello. Arrancará co tradicional desfile, para continuar coa actuación de cada una das tres bandas de música, que nos ofrecerán un magnífico repertorio.

A Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, dirixida por D. Javier Penido Ferreiro, interpretará “La Luz del Sol” de Jean Pierre Haeck; “The Story of Anne Frank” de Otto M. Scharwz e “Retrospective” de Carlos Pellicer.

A Unión Musical de Valladares, baixo a dirección de D. César Posada Figueiras, interpretará “Santander” de Pascual Marquina, “Symphonic Dances” de Yosuke Fukuda, “Sinfonía Nobilissima” de Robert Jager, “West Side Story” de Naohiro Iwai e “La Boda de Luis Alonso” de Gerónimo Giménez con arreglos de J. Iglesias.

E a Banda de Música Unión Musical de Meaño, baixo a batuta de D. Diego Javier Lorente López interpretarán “Blue Horizons” de Franco Cesarini, “Tierra Mítica” de Bernardo Adam Ferrero e “Certamen Levantino” de Pascual Marquina.

O XXXII Festival de Bandas de Música de Meaño rematara dando paso a unha festa ambientada por Paco Vulkano.

Convidamovos a todos a coñecer e desfrutar deste festival de bandas que é o máis antigo de Galicia,