Neste momento estás a ver XV CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXX FESTIVAL DE BANDAS DE MEAÑO 2022

XV CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXX FESTIVAL DE BANDAS DE MEAÑO 2022

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Actualidade

BASES

A Asociación Cultural Unión Musical de Meaño organiza o XV concurso do cartel para anunciar o XXX Festival de Bandas de Música, que se celebrará o sábado 23 de abril 2022.

1) Poderán tomar parte neste concurso todas aquelas persoas que o desexen sen límite de idade.

2) Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos.

3) Todos os traballos presentados deberán versar sobre a música, e o que representa para Meaño o Festival de Bandas. Valoraranse positivamente a creatividade e a orixinalidade, debendo suxeitarse en sensibilidade e técnica ao que é propio do cartel e non da pintura, e contar cunha clara finalidade divulgadora.

Ademais, deberán incluír de maneira visible os seguintes textos:

  1. XXX Festival de Bandas de Música
  2. Meaño 2022

4) Os carteis serán sempre inéditos e orixinais, ao menor indicio de plaxio total ou parcial as obras serán descualificadas. A presentación dos carteis poderá ser das seguintes formas:

  1. SOPORTE RÍXIDO: os carteis realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, pastel, etc…) deberán vir montados en soporte ríxido (bastidor ou cartón pluma). Así mesmo presentarase tamén unha copia dixital do cartel a toda cor en alta resolución nun disco CD ou memoria USB.
  2. SOPORTE DIXITAL: no caso de tratarse dunha técnica como a fotografía, informática, etc. as obras deberán ser presentados en soporte dixital, gravados en alta resolución nun CD en formato editable a PDF e noutro formato editable a JPG, ambos escalables a tamaño A3, ou Súper A3 para a súa reprodución impresa. A Asociación Unión Musical farase cargo dos gastos de impresión do cartel.

En canto ao uso de fotografías ou elementos escaneados reais, non serán aceptadas aquelas que, por representar a persoas, animais ou cousas, sexan susceptibles de ser impugnadas ou reclamados os seus dereitos de utilización, por persoas e institucións que poidan acreditar a súa propiedade, sendo o autor o responsable único ante calquera incidencia que por estes motivos se puidese producir.

5) Presentación dos traballos:

  1. Si se trata dunha obra presentada en soporte ríxido, os traballos presentaranse con un lema, que deberá figurar no dorso da obra sen ningún outro dato.
  2. Si se empregou a técnica de fotografía, informática, etc, presentase o CD etiquetado co lema elixido.
  3. En calquera dos casos ademais presentarase un sobre pechado, contendo un documento cos datos de indentidade do autor, ou autores en caso de obra colectiva, indicando nome, apelidos e nº de DNI; e os datos de contacto e notificación indicando domicilio, teléfono, e enderezo electrónico. Ademais conterá a declaración cumprimentada e asinada á que se refire a Base 11ª, (unha copia do modelo adxunto por cada autor). No exterior deste sobre figurará o correspondente lema, sen ningún outro texto, marca ou contrasinal (todo elo para preservar e manter oculta a identidade do autor ou autores ata o momento de apertura de sobres)

6) O lugar de presentación das propostas será nas oficinas municipais do Ilmo. Concello de Meaño. O prazo de presentación remata o luns 7 de marzo de 2022.

7) Cos traballo admitidos celebrarase unha exposición no Hotel-Restaurante “Quinta de San Amaro” (Rúa San Amaro, nº6, Meaño, Pontevedra) dende o sábado 12 de marzo, ata o domingo 27 de marzo de 2022.

8) Os visitantes da exposición poderán votar e valorar os traballos expostos no prazo mencionado, estas votacións teranse en conta á hora da valoración por parte do xurado.

Todos os participantes nesta votación entrarán no sorteo dunha botella de viño e un aperitivo para catro persoas en dito restaurante.

9) O xurado estará composto pola Presidenta da Asociación e tres vogais da mesma designados pola Xunta Directiva da Banda, un representante do Concello, un representante do Hotel-Restaurante Quinta de San Amaro e o voto do público. No caso de empate o voto do público valerá dobre. Actuará como secretario, con voz pero sen voto, outro representante do Concello de Meaño.

10) Outorgaranse os seguintes premios:

  1. 1º PREMIO: Cheque ao portador de 400 €, ademais dunha cea para 2 persoas con aloxamento e pequeno almorzo, no Hotel Restaurante “Quinta de San Amaro”.
  2. 2º PREMIO: aloxamento e pequeno almorzo para dúas persoas no Hotel Restaurante “Quinta de San Amaro”.
  3. 3º PREMIO: un aperitivo para catro persoas acompañado dunha botella de viño no Hotel Restaurante “Quinta de San Amaro”.
  4. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios ao seu exclusivo criterio.

11) A entrega de premios terá lugar o día da presentación do XXX Festival de Bandas de Música no mecionado Hotel-Restaurante, sendo difundido polos medios de comunicación presentes. O día e data será comunicado con antelación aos premiados, que terán que asistir obrigatoriamente ao acto para recibir o seu agasallo.

12) Os carteis que obteñan premio quedarán en propiedade da Asociación, quen fará deles o uso que estime conveniente, reservándose o dereito a reproducilo, no futuro, en calquera soporte e tamaño.

A tal fin, os autores presentarán no sobre pechado xunto coa obra a declaración no modelo ANEXO debidamente cuberta e asinada. As obras que non acheguen esta declaración debidamente cumprimentada e asinada en caso de ser gañadoras será automaticamente descualificadas.

13) Os carteis non premiados serán retirados polos autores ou persoas debidamente autorizadas, no prazo de 30 días a contar desde o día seguinte ó peche da exposición, transcorridos os cales entenderase que o autor cede á Asociación Unión Musical de Meaño a súa propiedade, podendo esta darlle o destino que crea conveniente. A Asociación Unión Musical de Meaño non se responsabiliza das embalaxes e custos que conleve a retirada dos carteis.

14) A Asociación Unión Musical de Meaño non será responsable por causa algunha da perda, deterioro, extravío, etc. das obras presentadas a concurso durante o seu prazo de duración, non cubríndose póliza de seguro que cubra os devanditos riscos.

15) Será responsabilidade dos cartelistas calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría do cartel e o seu posible plaxio, eximindo de toda responsabilidade á Asociación Unión Musical de Meaño.

16) O fallo do xurado terá carácter inapelable.

17) A presentación de traballos neste concurso implica a total aceptación destas bases.

Meaño, a 8 de febreiro de 2022