Neste momento estás a ver Nova Xunta Directiva

Nova Xunta Directiva

O pasado domingo na Asociación Unión Musical de Meaño celebramos a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria .

A situación provocada polo virus COVID-19 , e os efectos derivados da actual situación obrigaron a que a celebración de dita Asemblea se fixera de forma telemática.

Reunión telemática da nova Xunta Directiva

Na Asemblea Ordinaria foron aprobadas por máis dun 95% dos socios presentes as contas anuais así como o resumo de actividades do pasado ano e a programación para este ano.

A continuación, na Asemblea Extraordinaria, foi elexida a nova Xunta Directiva cun amplo apoio dun 98% dos socios. Esta nova Xunta estará presidida por Olga Pérez (1ª Presidenta da historia da Asociación). Forman o resto do equipo Miguel Ángel Chaves, Miguel Agís, Pedro Agís, Sara Padín, Pablo Vigo, Diego Rosal, Andrea Méndez, Pablo Portas, Verónica Rial e Esther Carballo.

Óscar Rial, deixa a presidencia despois de 4 anos e pon fin a unha etapa de 10 anos como directivo da Asociación, ó igual que a secretaria Nita Padín. Tamén finalizan o seu paso pola directiva Fernando Pensado, Mercedes Cacabelos, Margot Domínguez, Mercedes Cousido e Adriana Álvarez.

A nova Xunta Directiva, na voz de Olga, presentou as liñas xerais para os próximos dous anos , que pasan por conseguir canto antes unha aula de ensaio funcional e estable para a Asociación , así como abordar a modernización e dixitalización da Asociación tanto na súa xestión como na promoción en RRSS e Internet, cunha imaxe renovada nun espazo Web . Por último dou as grazas á Xunta Directiva saínte polo seu incansable traballo e adicación en todos estos anos. Traballo, moitas veces invisible, pero indispensable para que todos poidamos gozar da música en Meaño.

Deixa unha resposta